luns, 19 de decembro de 2016

PREMIOS CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Velaquí os carteis e frases premiadas no Concurso de "Tuits" contra a Violencia de Xénero. Noraboa de novo a tod@s @s participantes e dun xeito especial aos que fúchedes premiad@s. PARABÉNS!!

 


 (Enlace a todos os carteis)

martes, 6 de decembro de 2016

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Dende o IES Castro de Baronceli quixemos e queremos sumarnos aos millóns de voces contra todo tipo de violencia, neste caso contra a violencia de xénero conmemorando o seu día internacional (25 de novembro).
Facéndonos eco no centro dun concurso que anualmente convoca o concello de Lalín a través da plataforma Twitter (#lalinsenviolencia), convocamos no noso centro un concurso de carteis con frases e debuxos alusivos á violencia de xénero (posibles "tuits" de non máis de 140 caracteres, algúns dos cales tamén participaron nese concurso a través de Twitter a nivel galego).
A través das titorías, pensamos e debatimos por que existe este grave problema e como podemos axudar entre tod@s e cada un de nós a solucionalo... (eso era realmente o importante e o obxectivo do concurso). En moitos casos, como resultado, elaboráchedes un vistosos e orixinais carteis... (aquí tedes un enlace para ver fotos con detalle de todos os carteis). PARABÉNS!!
 

GALICIENCIA 2016

En novembro deste 2016, no Parque Tecnolóxico de Ourense celebrouse, un ano máis, o GALICIENCIA 2016, no que alumn@s de máis de medio cento de centros educativos de toda Galicia -e algunhas outras rexións de España- expoñen os seus proxectos de investigación para multitude de grupos de alumn@s que se achegan.

O noso centro IES Castro de Baronceli participou dobremente, non só como visitantes cos nosos alumn@s de 4º, senón que ademáis dende a asignatura de Física-Química de 4º dous alumnos, Nerea e Raúl, xunto ca súa profesora Lurdes, expuxeron un orixinal proxecto investigador que evidenciou a presenza dunhas proteínas especiais en froitas como o a piña, a papaia e o kiwi (contan cunhas encimas chamadas proteasas que actúan de forma similar ás que segrega o noso estómago para cortar -e así dixerir- as proteínas).
 
 
Dende o ENDL non podemos máis que felicitar aos alumnos participantes e á súa profesora polo interesante traballo científico exposto, así como por promover a difusión da ciencia en galego. PARABÉNS!!

(Séguenos en Twitter: @CiencBaronceli e recibe éstas e outras novas relacionadas cas actividades de Ciencias que facemos no IES Castro de Baronceli)





MAGOSTO 2016

A tarde do luns 14 de novembro celebramos no IES Castro de Baronceli o noso tradicional magosto.

Os alumn@s de primeiro ciclo, dende as clases de Lingua Galega, elaboraron uns murais moi creativos sobre o magosto e o outono para ambientar os corredores do centro. Bo traballo!
(No seguinte enlace tedes todas as fotos dos murais)


Despois do xantar, xogos populares e competicións deportivas por cursos...



E, por susposto, castañas!!! O bo facer dos asadores acompañado dunhas pezas de música tradicional axudaron a desfrutar xuntos este momento.

(No seguinte enlace: moitas máis fotos do magosto 2016 no noso Baronceli)


martes, 13 de setembro de 2016

PREMIOS DOS CONCURSOS LITERARIOS (CONCELLO DE VERÍN)

Coma en anos anteriores, o Concello de Verín convocou o Concurso de Relatos "José Fernández Pérez" e o Concurso de Poesía "Xosé Carlos Caneiro", aberto á participación dos centros escolares da comarca, e con diferentes categorías por niveis educativos (último ciclo de Primaria, primeiro e segundo ciclo de Secundaria.

Dende o blog do ENDL queremos dar os parabéns a tod@s @s participantes de todos os centros, e dun xeito especial @s alunm@s do noso Baronceli premiados ou finalistas en cada unha das modalidades literarias. Noraboa e seguide a crear todos os mundos posibles cas nosas letras e o voso maxín!!


Enlace: "O Ladrón do Tempo" de Nerea Medeiros Ferreiro (1º Premio Relato)

Enlace: "Unha Gran Viaxe" de Sheila Prieto Estévez (2º Premio Relato)

Enlace: "Os Reis do Ceo" (2º Premio Poesía)

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

O luns 23 de maio celebramos no Castro de Baronceli a IX Romaría das Letras Galegas, conmemorando e festaxando as nosas letras que neste ano 2016 adícanse ao poeta Manuel María.
(máis fotos dos murais sobre Manuel María)

No centro facemos a nosa propia adicatoria a un persoeiro relevante vencellado á comarca, e neste ano 2016 inaguramos unha aula adicada ao arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, natural de Lucenza (Cualedro). Velaquí un breve resumo ilustrado da súa biografía e inxente labor investigador.
Trala inaguración da aula, tivemos o privilexio de escoitar unha breve conferencia impartida por él.  Non podemos máis que agradecer unha vez máis a súa presenza entre nós neste día tan destacado, as súas verbas e tamén todos os libros con que agasallou á Biblioteca do noso centro. GRAZAS
 
 
 (enlace con máis fotos da inaguración da aula e a charla de Antonio R. Colmenero)

Trala charla, tivo lugar o gran FESTIVAL con actuacións musicais, poesía, teatro... Queremos agredecer dun xeito especial a implicación dos departamentos de Música e de Lingua Galega, principais impulsores das actuacións. Nesta Romaría das Letras do 2016 contamos ademais cuns convidad@s moi especiais: un grupo de alumn@s do centro escolar Nadir Afonso, de Chaves, cos que xa celebramos o curso pasado unha xornada de xogos tradicionais no seu centro. Non só asistiron a todas as actividades da Romaría, senon que tamén nos deleitaron con tres actuacións musicais! Foi todo un pracer compartir con vós esta xornada festiva, e continuaremos a vernos en vindeiros cursos!!
(enlace con todas as fotos do festival)

Despois do festival, como é tradición na nosa Romaría das Letras, compartimos un xantar popular nos exteriores cubertos do centro. Da gusto contar ca compaña de alumn@s que estudáchedes anos atrás no noso centro e que nos visitades nunha data tan sinalada... seguídeo facendo que este segue a ser tamén o voso centro! Na sobremesa decidiuse tamén cal sería a sobremesa gañadora do tradicional concurso da larpeiradas: parabéns para Sophia Alonso de 1ºA!
 
 

E, despois de xantar xuntos... música!! O noso agradecemento de novo aos compoñentes da agrupación de música tradicional "Chimpa na Palla" que unha vez máis deleitáronnos co seu bo tocar e cantar.
 
(enlace a máis fotos do xantar compartido e a sobremesa musical...)

Rematamos a Romaría cun tempo adicado aos xogos populares: a ra, a chave, os zancos, carreiras de sacos, tiro de corda, a mariola... un bo xeito de despedir a xornada, xogando e rindo xuntos!
 
(enlace a máis fotos dos xogos populares)

CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR DA IX ROMARÍA DAS LETRAS

Coma en cursos anteriores, convocamos o concurso de carteis do que saiu elixido o que anunciou a IX Romaría das Letras Galegas.


Temos que destacar que o número de participantes así como a calidade dos traballos presentados foi importante. Noraboa a todos/as os participantes!

Velaquí o cartel gañador, presentado por Sheila Prieto Estévez de 1º ESO B. Parabéns!!

sábado, 16 de abril de 2016

TEATRO NO BARONCELI: "NON TOQUES OS MEUS CÍRCULOS!"

O martes 5 de abril puidemos desfrutar, no comedor convertido en "salón de actos", do espectáculo teatral, a cargo da compañía Artello teatro, da obra "Non toques os meus círculos!". Nesta obra recréase parte da biografía e invencións de Arquímedes, así como a toma da súa cidade Siracusa por parte do imperio romano... Inxeniosa e hábil interpretación que desfrutamos e recomendamos. Grazas ao departamento de DACE e aos colaboradores/as pola organización!

A obra ofrece unha guía didáctica con múltiples enlaces e complementos sobre Arquímedes: biografía, invencións, aportacións, curiosidades... Un valioso e atractivo enlace que non deberíades deixar de consultar, comprobádeo!

ENTROIDO 2016 !!!

No Castro de Baronceli preparámonos para celebrar o Entroido ao longo de toda a semana previa. O noso particular meco preparou o terreo, e cada día viñemos vestidos dunha cor diferente...

Xoves de Comadres celebrámolo no centro con varias actividades a partir do recreo:

Unha das actividades importantes, que ademáis de divertida tivo un importante valor humanitario, foi a participación en Quilómetros de Solidariedade, carreira organizada polas profes de DACE e Educación Física, dentro do proxecto promovido pola ONG Save the Children, no que participan numerosos centros educativos de toda España. A cantidade recaudada no centro, que a ONG destinará ao seu proxecto humanitario, foi nada menos que de 171 euros!!. Noraboa aos/as participantes!! A aportación de todos/as pode facer moito para axudar a quen realmente o necesita. Neste enlace tedes información sobre os proxectos aos que Save the Children destina os fondos recadados. Aproveitamos aquí para lembrar a importancia de colaborar entre tod@s para que todas as persoas e sociedades teñan dereito a unha vida digna. Grazas ás profes que o organizáchedes...
(Enlace a todas as fotos da carreira solidaria)

Como novidade neste curso 2015/2016, sorteouse unha Cesta de Entroido chea de produtos aportados polos alumnos/as, profesores/es e o centro. A recadación da venda de rifas destinarase á excursión do 2º ciclo en maio. Velaquí a afortunada posuidora do número premiado, noraboa Thais!

Despois celebramos a festa e concurso de disfraces no pabellón, con desfiles individuais e de grupo. Velaquí os premios outorgados polo xurado ao mellor disfraz individual e ao mellor grupo disfrazado. Parabéns!!


Noraboa a todos/as as participantes no concurso!! A festa facémola entre todos/as...

Tralo concurso seguimos coa festa, no que desfrutamos bailando... e cantando cun karaoke!

(Aquí tedes o enlace a todas as fotos do Entroido no noso Baronceli)

Certo é que a festa facémola entre tod@s, pero queremos agradecer de xeito especial a organización  deste Entroido á nosa profe de DACE, Lurdes, principal argallante de gran parte das actividades, e a todos/as que colaboráchedes. Grazas e parabéns polo resultado!!!

Unha última nota: lembrarvos que os tres institutos de Verín (Castro de Baronceli, Taboada Chivite e García Barbón) estivemos invitados a participar no concurso fotográfico FOTOENTROIDO 2016. As fotos enviáronse, xunto cun texto non superior aos 140 caracteres, ao correo  concursoentroidoverin@gmail.com (ata o 21 de febreiro) O premio, neste curso, acadouno a foto máis "retwitteada". Podedes ver as fotos participantes e as premiadas neste enlace dentro do blog de normalización do IES Taboada Chivite, que aproveitamos para recomendarvos visitar: http://ofiadeirodalingua.blogspot.com.es