luns, 19 de decembro de 2016

PREMIOS CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Velaquí os carteis e frases premiadas no Concurso de "Tuits" contra a Violencia de Xénero. Noraboa de novo a tod@s @s participantes e dun xeito especial aos que fúchedes premiad@s. PARABÉNS!!

 


 (Enlace a todos os carteis)

martes, 6 de decembro de 2016

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Dende o IES Castro de Baronceli quixemos e queremos sumarnos aos millóns de voces contra todo tipo de violencia, neste caso contra a violencia de xénero conmemorando o seu día internacional (25 de novembro).
Facéndonos eco no centro dun concurso que anualmente convoca o concello de Lalín a través da plataforma Twitter (#lalinsenviolencia), convocamos no noso centro un concurso de carteis con frases e debuxos alusivos á violencia de xénero (posibles "tuits" de non máis de 140 caracteres, algúns dos cales tamén participaron nese concurso a través de Twitter a nivel galego).
A través das titorías, pensamos e debatimos por que existe este grave problema e como podemos axudar entre tod@s e cada un de nós a solucionalo... (eso era realmente o importante e o obxectivo do concurso). En moitos casos, como resultado, elaboráchedes un vistosos e orixinais carteis... (aquí tedes un enlace para ver fotos con detalle de todos os carteis). PARABÉNS!!
 

GALICIENCIA 2016

En novembro deste 2016, no Parque Tecnolóxico de Ourense celebrouse, un ano máis, o GALICIENCIA 2016, no que alumn@s de máis de medio cento de centros educativos de toda Galicia -e algunhas outras rexións de España- expoñen os seus proxectos de investigación para multitude de grupos de alumn@s que se achegan.

O noso centro IES Castro de Baronceli participou dobremente, non só como visitantes cos nosos alumn@s de 4º, senón que ademáis dende a asignatura de Física-Química de 4º dous alumnos, Nerea e Raúl, xunto ca súa profesora Lurdes, expuxeron un orixinal proxecto investigador que evidenciou a presenza dunhas proteínas especiais en froitas como o a piña, a papaia e o kiwi (contan cunhas encimas chamadas proteasas que actúan de forma similar ás que segrega o noso estómago para cortar -e así dixerir- as proteínas).
 
 
Dende o ENDL non podemos máis que felicitar aos alumnos participantes e á súa profesora polo interesante traballo científico exposto, así como por promover a difusión da ciencia en galego. PARABÉNS!!

(Séguenos en Twitter: @CiencBaronceli e recibe éstas e outras novas relacionadas cas actividades de Ciencias que facemos no IES Castro de Baronceli)





MAGOSTO 2016

A tarde do luns 14 de novembro celebramos no IES Castro de Baronceli o noso tradicional magosto.

Os alumn@s de primeiro ciclo, dende as clases de Lingua Galega, elaboraron uns murais moi creativos sobre o magosto e o outono para ambientar os corredores do centro. Bo traballo!
(No seguinte enlace tedes todas as fotos dos murais)


Despois do xantar, xogos populares e competicións deportivas por cursos...



E, por susposto, castañas!!! O bo facer dos asadores acompañado dunhas pezas de música tradicional axudaron a desfrutar xuntos este momento.

(No seguinte enlace: moitas máis fotos do magosto 2016 no noso Baronceli)