O luns 21 de maio celebramos no IES Castro de Baronceli a XI Romaría das Letras Galegas. Contamos
neste día ca presencia da actriz, directora e profesora Mariana Fernández “Carballal”, natural de Albarellos, a quen
adicamos un aula no acto inagural da Romaría.
(Diseño do cartel anunciador: Ismael Fernández e Martín Francisco, de 3º A)
A adicación dun aula durante a Romaría das Letras ten como
sentido dar protagonismo no centro a persoas vencelladas –dun ou doutro xeito–
aos concellos de procedencia dos nosos alumn@s, e cuxa traxectoria profesional
e persoal poida servir de inspiración para eles. A escolla de Mariana Carballal,
por parte da comunidade educativa do Baronceli, débese a moitos motivos, non só
pola súa importante traxectoria como actriz, directora e profesora, senón tamén
pola súa implicación e compromiso persoal coa nosa cultura e con valores
humanos tan importantes como a igualdade de xénero.
A inaguración da aula co seu nome foi seguida dun encontro
con toda a comunidade educativa do centro, orientado sobre todo aos nos@s
alumn@s. Un tempo de comunicación e diálogo onde Mariana nos contou, con proximidade e
sinceridade, as inquedanzas que a levaron a adicarse ao mundo das artes
escénicas, as dificultades que atopou no seu camiño vital, a realidade –ás
veces idealizada- d@s artistas que teñen que aprender continuamente a convivir cos
momentos de maior “éxito” profesional (recoñecemento mediático, que non é o
mesmo...) e tamén con non poucos momentos de dificultades -sen deixar de ser
eles mesm@s nin nun caso nin no outro-... Apelou ás nosas alumnas: “Nós, na
miña xeración, non tivemos apenas referentes en feminino do que nos gustaría
chegar a ser ou facer, porque a historia e tradicións o silenciaban ou
impedían. Vós tedes a sorte de poder aspirar a ser todo aquelo que queirades
ser: facédeo!” Inspirou a tod@s @s nos@s rapaces: “Loitade por conseguir
adicarvos a aquilo que soñades”. Impulsounos a buscar un futuro no que ser
felices, e afrontar con determinación os atrancos e problemas que
inevitablemente virán. Unha lección de vida coherente e co corazón aberto que
@s nos@s alumn@s, confiamos, non esquecerán. Mil grazas, Mariana, polo que compartiches
con nós!!
(
enlace ás fotos na inaguración da aula e charla-coloquio de Mariana)
Trala inaguración da aula e a charla-diálogo con Mariana, celebramos
o festival, no que diferentes grupos de alumn@s interpretaron varias actuacións
musicais que levaban tempo ensaiando para a ocasión. Queremos recoñecer aquí o labor
realizado dende as clases de Música; cada actuación musical é o froito dunha
planificación nada sinxela, dun traballo en equipo onde o que fai cada quen inflúe
no éxito do conxunto, e de non poucas horas de ensaios con momentos altos e
baixos... unha importante aprendizaxe para a vida mesma. É xusto destacar tamén
o bo facer do grupo de 4º ESO na planificación e organización de boa parte dos
actos da Romaría, especialmente no tocante ao festival e aos xogos populares, na
realización de tan colorido fondo no escenario por parte dos alumn@s de Ed.
Plástica, a presentación do festival por parte de Julie e Estrella... Parabéns
polo voso traballo e o resultado acadado!!
Durante o festival entregáronse, tamén, os premios de varios
certames e concursos recentes: Concurso de Marcapáxinas da Biblioteca, Retos no
Castelo de Monterrei para as parellas TEI, I Concurso Fotográfico Pedro Armestre sobre o cambio climático,
Concurso de Carteis da XI Romaría, e mencións aos premiad@s e finalistas dos
certames literarios do concello de Verín “Antonio
Fernández Pérez” (relato curto) e “Xosé Carlos Caneiro” (poesía). Parabéns
a tod@s @s premiados, e tamén a tod@s @s participantes, pola vosa iniciativa e
creatividade!!
Tralo festival, como é tradición na Romaría das Letras, compartimos
un xantar popular na zona exterior cuberta do noso centro, onde non faltaron
pratos típicos das nosas celebracións: empanada, churrasco... Unha nova
ocasión para comprobar o bo facer das nosas cociñeiras Sira e Pepita, a quen
dende aquí felicitamos e agradecemos a súa adicación diaria. Na sobremesa, como de costume, un experto xurado –do que
Mariana tamén formou parte– probou e concedeu os premios do Concurso de
Larpeiradas Caseiras, tarefa non sinxela (pero nada amarga!) dado o número de participantes nesta ocasión.
E para deleitar a sobremesa e os doces, varios dos membros
do noso Baronceli amenizaron o momento interpretando algunhas pezas da nosa música tradicional. Ao ritmo de muiñeiras, xotas, pasodobles, rumbas... desfrutamos, aplaudimos,
e @s máis osad@s bailaron máis dunha peza. Non deixemos de desfrutar
xuntos das nosas tradicións, e entre elas, da nosa música!!
(
enlace ás fotos do xantar e sobremesa)
Xa como remate da Romaría, toda a
comunidade educativa participamos nunha serie de xogos tradicionais,
organizados por quendas, e dirixidos e explicados polos alumn@s de 4º ESO. O
noso recoñecemento, novamente, aos alumn@s de 4º pola adicación na preparación
e desenvolvemento deste e outros actos da Romaría, e a Irma a súa profesora de
Educación Física, ca que realizaron murais explicativos e organizaron a
participación nos xogos.
(
enlace ás fotos dos xogos tradicionais)
Neste último
enlace podedes acceder a todas as fotos da XI
Romaría das Letras Galegas (xa incluídas por apartados nos enlaces anteriores). Agradecemos, unha vez máis, a Mariana Carballal a
súa participación nesta data tan sinalada no noso Baronceli, e ter compartido
con nós as súas experiencias. Non queremos deixar de destacar o valor engadido
que esta e outras actividades posúen, en contraposición a unha sociedade
baseada no consumismo e individualismo, que pretende impoñerse nos diferentes
ámbitos da vida (tamén no sociocultural e no tempo de lecer). Poñamos en valor
as nosas tradicións e celebracións colectivas, que, sen necesidade de grandes aportacións económicas, contan co incalculable valor da participación de tod@s compartindo
tantas cousas que nos unen... Moita vida á Romaría das Letras e moita vida ao
Baronceli!!!