Velaquí as autoras e fotos premiadas (de esquerda a dereita: Tatiana, Emily, Paula e Laura):
1º premio - "Camiño ao desastre" de Laura Rodríguez Estravíz:
Finalista - "As nosas raíces en perigo" de Paula Sanchoyerto Rodríguez:
Finalista - "Un río sen auga é un río sen fauna" de Paula Sanchoyerto Rodríguez:
Finalista - "Un anaco do desxeo polar" de Tatiana Barja Rivero:
Finalista - "O río Mente" de Emily Prieto Villarino:
Neste enlace podedes acceder a todas as fotografías participantes no I Concurso Fotográfico "Pedro Armestre" (na seguinte imaxe aparecen @s autores/as de cada foto).
Moitos parabéns ás alumnas premiadas e a tod@s @s participantes. Tentar reflectir en imaxes un problema complexo como é o do cambio climático -que nos compromete a tod@s- non é unha tarefa doada, como puidéchedes comprobar. Reflexionar sobre o tema, as súas causas e posibles solucións, e debatilo en común para comprometernos máis con él, foi o obxectivo máis importante do concurso. Grazas, Pedro Armestre, pola honra de participar tamén como xurado no concurso, e por seguir compartindo con nós os proxectos e causas nas que traballas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario