Neste ano 2015, a nosa adicación particular dunha aula do centro foi a Rubén Riós, actor en cine e televisión, director, promotor de multitude de proxectos culturais e sociais, e tamén compañeiro e paisano de varios dos nosos alumnos/as do centro. A él e aos seus pais agradecemos enormemente a súa presenza e participación activa nesta data tan sinalada para o noso centro. Cónstanos que as verbas, pensamentos e sentimentos compartidos por Rubén neste día coa nosa comunidade educativa deixan unha importante pegada en cada un/unha dos que a formamos, especialmente nos alumnos/as que representan o zume novo que alimentará a sociedade de mañá.
Queremos tamén agradecer a presenza e actuación, por terceira vez en tan só dous anos, do grupo musical tradicional "Chimpa na Palla", que tanto animou a sobremesa nesta e en anteriores ocasións.
E, por suposto, o agradecemento a todos/as os/as que facedes posible a Romaría cas vosas preparacións, actuacións, xestións e colaboracións dun ou doutro xeito. A Romaría non sería tal sen a participación de todos/as os que formamos parte do centro, ése é o seu maior valor. Sigámola celebrando e compartindo por moitos anos. E, extendendo o comentario de Rubén, "voltade un día ao centro cos vosos fillos" e transmitídelles todo o bo e valioso que aquí compartimos, con orgullo e conciencia do que somos e temos.
Velaquí o listado de PREMIOS a diferentes concursos entregados na Romaría, e, a continuación, os enlaces cas FOTOS dos diferentes momentos da Romaría das Letras Galegas 2015:
Ningún comentario:
Publicar un comentario