O Xoves de Comadres celebrámolo no centro con varias actividades a partir do recreo:
(Enlace a todas as fotos da carreira solidaria)
Como novidade neste curso 2015/2016, sorteouse unha Cesta de Entroido chea de produtos aportados polos alumnos/as, profesores/es e o centro. A recadación da venda de rifas destinarase á excursión do 2º ciclo en maio. Velaquí a afortunada posuidora do número premiado, noraboa Thais!
Despois celebramos a festa e concurso de disfraces no pabellón, con desfiles individuais e de grupo. Velaquí os premios outorgados polo xurado ao mellor disfraz individual e ao mellor grupo disfrazado. Parabéns!!
Noraboa a todos/as as participantes no concurso!! A festa facémola entre todos/as...
Tralo concurso seguimos coa festa, no que desfrutamos bailando... e cantando cun karaoke!
(Aquí tedes o enlace a todas as fotos do Entroido no noso Baronceli)
Certo é que a festa facémola entre tod@s, pero queremos agradecer de xeito especial a organización deste Entroido á nosa profe de DACE, Lurdes, principal argallante de gran parte das actividades, e a todos/as que colaboráchedes. Grazas e parabéns polo resultado!!!
Unha última nota: lembrarvos que os tres institutos de Verín (Castro de Baronceli, Taboada Chivite e García Barbón) estivemos invitados a participar no concurso fotográfico FOTOENTROIDO 2016. As fotos enviáronse, xunto cun texto non superior aos 140 caracteres, ao correo concursoentroidoverin@gmail.com (ata o 21 de febreiro) O premio, neste curso, acadouno a foto máis "retwitteada". Podedes ver as fotos participantes e as premiadas neste enlace dentro do blog de normalización do IES Taboada Chivite, que aproveitamos para recomendarvos visitar: http://ofiadeirodalingua.blogspot.com.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario