En maio deste 2017, na
Romaría das Letras Galegas, inaguramos un aula co nome de Pedro Armestre. Naquelas
datas él estaba recuperándose dunha infección contraída en Vanuatu (illas do
Pacífico), e prometeu que nos visitaría en canto lle fose posible. Esa visita
fíxose realidade o martes 5 de decembro.
Esta é xa unha data moi especial
no instituto Castro de Baronceli. Unha desas experiencias que os nosos
alumnos/as lembrarán cos anos, e en moitos dos que o escoitamos quedará
sementada unha valiosa inquedanza: imaxinar aquelo que desexamos e loitar con
determinación para facelo realidade. "Pídovos un favor: nunca deixedes de
soñar”... así despedíase Pedro dos nosos
alumnos/as. Un bo título para o conxunto de relatos e experiencias que
compartiu con todos nós, nesas dúas horas que se fixeron curtas e inesquecibles.
A través das súas
historias viaxamos a Centroamérica, adentrámonos pola selva ata unha fervenza
segreda en Guatemala (sempre co permiso das abellas...), compartimos unha
experiencia sagrada cos indíxenas que veneran e respetan ó seu río e
á natureza na que viven, asombrámonos ca xenerosidade e espíritu de comunidade
de pobos e culturas con moitos menos recursos materiais ca nós (pero enormemente
ricos en calidade humana...), coñecimos a penosa situación de sufrimento de
familias refuxiadas, fuximos con él monte abaixo escapando da policía segreda marroquí
(que endurece aínda máis as condicións de vida dos inmigrantes que pretenden chegar
a Europa...), revivimos o soño feito realidade de escoitar a Einaudi tocando o
piano fronte a un inmenso glaciar... Pedro compartiu todas estas experiencias con nós, e revelounos un
segredo: a fotografía é para él a chave que lle permite chegar ata esas
historias e vidas que lle interesa contar. Historias que poucas veces saen nos
medios masivos de comunicación. Dando voz aos que -case sempre- non teñen voz.
Con –non poucas veces- riscos en moitos sentidos, pero satisfeito e convencido
do que fai.
O mellor xeito de comprobar a pegada
da visita de Pedro Armestre ao noso centro é recollendo as voces e reflexións dos nosos alumnos/as, os principais
destinatarios a quen Pedro quixo chegar coas mensaxes que ían dentro de cada historia compartida. Agradecemos tamén aquí a contribución de Álvaro López Greco (4ºESO), ca súa magnífica interpretación á guitarra, acompañando ás fotos realizadas por Pedro en Guatemala. Velaquí algunhas das vosas
impresións:
“Grazas a todo o que nos contou podémonos
facer unha idea mellor da situación real do mundo. Incluso me contaxiou as
ansias de viaxar, de velo cos meus ollos e de poder axudalos a todos, a todas
as persoas que sofren polo que sexa, porque queren cambiarlle as súas vidas
estropeando unha preciosa cascada, porque viven nunha guerra, porque non teñen
país, porque viven nun campamento con pouxos recursos.... demasiadas cousas
para nomealas todas” (Laura Rodríguez, 3º)
“Sorprendeume e encantoume a absoluta convivencia que teñen
algunha comunidades indíxenas coa natureza” (Ismael Fernández, 3º)
“O que máis me gustou da charla foi darme
conta de que nas comunidades máis humildes están máis unidos ca nos, e penso
que é algo que a nosa sociedade debería recuperar” (Helena Rivero, 3º)
“Pedro trasmitiunos a emoción de coñecer xente de todo o mundo e
condicións. O que máis me chamou a atención foi a historia na que os indíxenas
paraban o río, polo irreal que parecía e o serio que o contaba” (Lucas Pardo,
3º)
“Foi unha charla moi amena. Quedaríame sobre todo co consello
final: que non deixemos de soñar” (Lucía Justo, 3º)
“Encantoume que nos transmitira a unidade, sinxeleza e forma de
vida das distintas culturas coas que conviviu” (Sheila Prieto, 3º B)
“Ensinounos que nunca debemos rendirnos, que podemos facer cousas incribles a pesar dos obstáculos e que debemos respetar as demáis culturas” (Uxía Martínez, 3º)
“Encantoume a ilusión coa que contaba todo. Ademáis, fíxome darme
conta de que as cousas que pasan polo mundo son moito peores do que nos
intentan transmitir os medios de comunicación” (Paula Sanchoyerto, 3º)
“Aprendín que debemos axudar a quen o precisa e que hai xente que,
aínda sen nada, son amables e dan o pouco que teñen” (Mirian, 3º)
“Sorprendeume a idea da “Gran pollada” xa que é unha forma de
conseguir cousas axudándonos os uns aos outros” (Jason, Rosa 3º)
“O que máis me impactou foi a vídeo no que unha indíxena contaba o que sentiu o ver o primeiro grifo de auga potable” (Noelia Fernández, 3º)
“O que máis me chamou a atención foi o pobo no que non tiñan
electricidade ata fai pouco” (Marcos Danta, 2º)
“Quedeime coa anécdota sobre a chica que
perdeu a cámara e entre todos os amigos lle mercaron outra” (Enís, 2º)
“Dinme conta de que Pedro é un home que loitou polo que sempre lle
gustou ata que o conseguiu. A anécdota que máis me gustou foi a da cascada e o
feito de que lle tiveran que pedir permiso ás abellas” (María Álvarez, 2º)
“Gustoume a charla de Pedro porque foi diferente a outras, pasámolo moi ben. Aprendín que noutros países están máis en contacto coa natureza ca nós, e que a coidan e respetan” (Lorena Pérez, 3º)
“Chamáronme moito a atención as fotos das familias que tiveron que
posar a presa porque non deixaban que se soupera cómo vivían” (Cristina Rivero,
2º)
“É un home moi loitador e que nunca se rinde” (Nanyeli, 1º)
“Chamoume a atención a solidaridade da xente dos países nos que
estivo” (Cristina, 1º)
“Sorprendeume que alguén desta zona vivira aventuras tan incribles
e tan lonxe” (Xosé, 4º)
“Gustoume moito o momento no que nos ensinou fotos de Guatemala e Álvaro tocaba a guitarra” (Brais e Vanesa, 1º)
“Gustoume cómo adaptou a charla para que a entendéramos” (Christopher Teixeira, 1º)
“Gustoume o feito de que afirmara que ser fotógrafo é unha excusa para ir polo mundo descubrindo lugares extraordinarios”
“Explicounos moi ben o problema actual da sequía”
“Gustoume que fixera tempo para nós, a pesar de estar tan ocupado”
“Fíxome reflexionar moito a cerca de como
se comporta a xente que apenas ten nada. O pouco que teñen compárteno” (Borja
Salgado, 4º)
“Fixo que parecera que nos coñecíamos desde sempre. Paréceme
incrible todos os lugares que visitou e todas as anécdotas e sucesos que lle
ocorreron. A mín encantaríame ser como él e ver tanto mundo e coñecer a
verdadeira situación do noso planeta” (Nerea Medeiros, 4º)
“Foi
unha das mellores charlas á que asistín desde o colexio (...) Encantoume o consello
que nos deu: que nunca deixemos de soñar” (Tatiana Barja, 2º)
Infinitas grazas, Pedro, pola túa inesquecible aportación aos alumnos/as e toda a comunidade educativa do instituto Castro de Baronceli, do que xa formas parte. Queremos contribuír a facer realidade o que pediches: "Nunca deixedes de soñar...", e transmitir que debemos loitar sempre por facer realidade eses soños. Grazas por facer realidade os teus, e compartilos con nós no Baronceli, dando voz a esas historias que o mundo necesita coñecer para, como nos decías dende Vanuatu "...ver como aberracións os erros que hoxe cometemos, que os eviten e axuden a erradicalos...". Queremos que contes con nós, e nós contar contigo, para facelo realidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario