domingo, 10 de maio de 2015

I CERTAME DE RELATO BREVE "MARÍA VARELA" - relatos premiados


Recentemente foron seleccionados os relatos gañadores do I Certame de relato breve "María Varela", que tivo lugar no mes de abril no IES Taboada Chivite. Os relatos gañadores e os seus autores/as están publicados no blog de normalización lingüística do noso veciño instituto:

http://ofiadeirodalingua.blogspot.com.es/

Noraboa a todos os seleccionados, participantes (gañadores ou non) e organizadores deste certame en memoria da profesora María Varela Sánchez.

Queremos felicitar, dun xeito máis familiar, á alumna do noso instituto Iria Rúa Vázquez, que obtivo un accésit co seu relato. Parabéns!!!

luns, 4 de maio de 2015

MURAIS sobre o libro "PALABRAS DE AUGA" (1ºESO)

A partir da lectura desta obra de Marcos Calveiro...
...os grupos de 1ºESO A e B realizaron  estos fermosos murais que foron expostos nos corredores do centro. Correspóndense ca lectura proposta e traballada dende a asignatura de Lingua Galega durante a 1º avaliación (expostos polo tanto no 2º trimestre). Velaquí o resultado...

Murais realizados polo grupo de 1º ESO A:










Murais realizados polo grupo de 1ºESO B:











Xa temos expostos no centro os murais correspondentes á lectura traballada durante o 2º trimestre. Moi pronto estarán visibles no blog...

luns, 6 de abril de 2015

Obradoiros de XOGOS POPULARES

O Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" achegouse ao noso centro, como en anos anteriores, para explicarnos e demostrarnos ao vivo algúns dos variados xogos tradicionais practicados nas nosas vilas e lugares seguro que por moitos nos dos nosos avós e avoas... O noso agradecemento a eles por pasar estos momentos con nós e achegarnos á cultura e patrimonio inmaterial dos nosos maiores.

Nos obradoiros participaron os grupos de 1º ESO, coa colaboración do Departamento de Educación Física. No seguinte enlace atópase a proposta educativa e descrición dos xogos enviada polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" (http://ccpxaquinlorenzo.depourense.es):

A primeira das sesións foi adicada á BILLARDA. Aí van algunhas fotos e enlaces a documentos que explican este xogo:

 












A seguinte sesión foi adicada á PORCA  e ó PINO. Aí van algunhas fotos e enlaces a documentos que explican este xogo:





xoves, 26 de marzo de 2015

O ENTROIDO NO BARONCELI: todas as fotos no blog!!!


Neste enlace podedes ver as fotos dos diferentes momentos:




E aquí están @s gañadores/as dos concursos... NORABOA!!

Gañadores/as do PREMIO DE GRUPO
Gañador e gañadora dos PREMIOS INDIVIDUAIS


Concurso FotoEntroido 2015

Vede as fotos seleccionadas en http://normacigarron.blogspot.com.es/e votade pola vosa favorita!



Noraboa aos e as participantes dos IES Taboada Chivite e García Barbón!!

sábado, 7 de febreiro de 2015

Convocado o Concurso FOTOENTROIDO 2015!!

 

Achégase o Entroido, e de novo convócase un CONCURSO FOTOGRÁFICO que, como o curso anterior, está aberto á participación dos tres institutos de Verín!

Anímate e participa!!!

E chegou o NADAL...

E aproveitamos para poñer un chisco máis de cor no noso instituto... ainda que só sexa por uns días!

Algúns grupos realizaron decoracións alusivas ao Nadal en diversas cores e tamaños, baseándose nos CALIGRAMAS ou o que é o mesmo... trazar debuxos mediante palabras e frases alusivas ao tema debuxado. O galego compartiu formas e cores con outros idiomas falados na comarca e no mundo.