O Galiciencia 2017
tivo como temática neste ano a Astronomía. Por iso, neste certame
convocou o concurso “Atrévete coa astronomía” que
constaba de tres desafíos realizados ao longo do anterior curso 2016/2017. As alumnas Lorena Pérez, Laura
Rodríguez e Paula Sanchoyerto (equipo "AS NEUTRINAS") de 3º ESO neste curso, animáronse a
participar e, grazas a súa gran creatividade e capacidade de
esforzo, chegaron xunto con outros dous grupos á final na súa
categoría, celebrada o pasado 24 de Novembro no Parque Tecnolóxico (sede física do Galiciencia),
onde se proclamaron campionas despois dunha serie de probas nas que
demostraron a súa valía. NORABOA CAMPIOAS!!!
O resto da gran familia que forma(mos) Baronceli, ao enterarse da noticia de que as nosas alumnas foran as gañadoras do concurso na mesma mañá en que visitamos o Galiciencia e celebrou a final , apuraron a facer un improvisado cartel de felicitación que acompañou ao caluroso recibimento (xa no comedor) ás compañeiras campioas. MIL PARABÉNS, SEGUIDE A DAR ALAS Á VOSA INICIATIVA E CREATIVIDADE!!!
A continuación
podedes ver os magníficos vídeos que elaboraron para cada un dos tres desafíos:
- DESAFÍO 1- EXPLICACIÓN DUN MITO DO FIRMAMENTO DE FORMA ORIXINAL E CREATIVA: http://atrevetecoaastronomia.galiciencia.com/video/as-neutrinas-1/
- DESAFÍO 2 - CONSTRUCCIÓN DUN NOCTURLABIO (reloxo para saber a hora mirando as estrelas): http://atrevetecoaastronomia.galiciencia.com/video/as-neutrinas-2/
- DESAFÍO 3 - VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE O BIG BANG: http://atrevetecoaastronomia.galiciencia.com/video/as-neutrinas-3/
Ningún comentario:
Publicar un comentario