O 4 de novembro celebrase o Día da Ciencia en Galego. Con este motivo, dende a asignatura de Física e Química, varios alumnos/as de 3º ESO buscaron información e elaboraron algúns murais, ilustrando a traxectoria de varios cientícos/as galegos destacados/as (e non sempre suficientemente coñecidos pola nosa sociedade en xeral e pola nosa comunidade educativa en particular)
Nos seguintes enlaces podedes acceder ás imaxes ampliadas de cada mural:
- Ánxeles Alvariño, zoóloga e oceanógrafa (Ferrol, 1916)
- Inmaculada Paz Andrade, doutora e catedrática de Física Aplicada (Pontevedra, 1928)
- Jorge Mira, matermático e físico (A Coruña, 1968)
- María Tarsy Carballas, química especialista en chans (Taboada - Lugo, 1934)
- María Wonenburger, matemática alxebrista e escritora (Oleiros, 1927)
- Miguel Ángel Carracedo, catedrático de Mediciña Legal, experto en xénética (A Coruña, 1955)
- Ramón María Aller, astrónomo e matermático (Lalín, 1878)
Difundamos e valoremos a Ciencia feita por galegos/as, tamén construída e comunicada a través do noso idioma. Parabéns polo traballo feito e o coñecemento obtido!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario