sábado, 7 de febreiro de 2015

Convocado o Concurso FOTOENTROIDO 2015!!

 

Achégase o Entroido, e de novo convócase un CONCURSO FOTOGRÁFICO que, como o curso anterior, está aberto á participación dos tres institutos de Verín!

Anímate e participa!!!

E chegou o NADAL...

E aproveitamos para poñer un chisco máis de cor no noso instituto... ainda que só sexa por uns días!

Algúns grupos realizaron decoracións alusivas ao Nadal en diversas cores e tamaños, baseándose nos CALIGRAMAS ou o que é o mesmo... trazar debuxos mediante palabras e frases alusivas ao tema debuxado. O galego compartiu formas e cores con outros idiomas falados na comarca e no mundo.


Imos ao CINE...


Durante o mes de decembro presentousenos tamén a oportunidade de asistir á proxección da película "A Esmorga", recentemente estreada no Festival de Cine de Ourense (Ouff 2014). Altísimo nivel no cine galego! Non a perdades... paga a pena voltar a vela outra vez!

Imos ao TEATRO...


 En decembro deste 2014, os grupos de 3º e 4º ESO asistiron á representación da obra teatral "Pequenas certezas" no auditorio de Ourense, interpretada pola compañía Sarabela Teatro. Organizou as representacións o concello de Ourense.








MAGOSTO 2014 no Baronceli!!!






Recursos na Rede para a Mocidade!






Interesante selección de enderezos e recursos web en galego para xente coma tí. Non a perdas de vista...!
Aportación do ENDL do IES de Melide. Bo traballo!

A campaña "Gústame o Galego" xa está en FACEBOOK






Concurso fotográfico 2014 A VENDIMIA



En setembro convocouse o Concurso de Fotografía sobre a vendimia e a elaboración do viño