domingo, 10 de maio de 2015

I CERTAME DE RELATO BREVE "MARÍA VARELA" - relatos premiados


Recentemente foron seleccionados os relatos gañadores do I Certame de relato breve "María Varela", que tivo lugar no mes de abril no IES Taboada Chivite. Os relatos gañadores e os seus autores/as están publicados no blog de normalización lingüística do noso veciño instituto:

http://ofiadeirodalingua.blogspot.com.es/

Noraboa a todos os seleccionados, participantes (gañadores ou non) e organizadores deste certame en memoria da profesora María Varela Sánchez.

Queremos felicitar, dun xeito máis familiar, á alumna do noso instituto Iria Rúa Vázquez, que obtivo un accésit co seu relato. Parabéns!!!

luns, 4 de maio de 2015

MURAIS sobre o libro "PALABRAS DE AUGA" (1ºESO)

A partir da lectura desta obra de Marcos Calveiro...
...os grupos de 1ºESO A e B realizaron  estos fermosos murais que foron expostos nos corredores do centro. Correspóndense ca lectura proposta e traballada dende a asignatura de Lingua Galega durante a 1º avaliación (expostos polo tanto no 2º trimestre). Velaquí o resultado...

Murais realizados polo grupo de 1º ESO A:










Murais realizados polo grupo de 1ºESO B:











Xa temos expostos no centro os murais correspondentes á lectura traballada durante o 2º trimestre. Moi pronto estarán visibles no blog...