sábado, 16 de abril de 2016

TEATRO NO BARONCELI: "NON TOQUES OS MEUS CÍRCULOS!"

O martes 5 de abril puidemos desfrutar, no comedor convertido en "salón de actos", do espectáculo teatral, a cargo da compañía Artello teatro, da obra "Non toques os meus círculos!". Nesta obra recréase parte da biografía e invencións de Arquímedes, así como a toma da súa cidade Siracusa por parte do imperio romano... Inxeniosa e hábil interpretación que desfrutamos e recomendamos. Grazas ao departamento de DACE e aos colaboradores/as pola organización!

A obra ofrece unha guía didáctica con múltiples enlaces e complementos sobre Arquímedes: biografía, invencións, aportacións, curiosidades... Un valioso e atractivo enlace que non deberíades deixar de consultar, comprobádeo!

ENTROIDO 2016 !!!

No Castro de Baronceli preparámonos para celebrar o Entroido ao longo de toda a semana previa. O noso particular meco preparou o terreo, e cada día viñemos vestidos dunha cor diferente...

Xoves de Comadres celebrámolo no centro con varias actividades a partir do recreo:

Unha das actividades importantes, que ademáis de divertida tivo un importante valor humanitario, foi a participación en Quilómetros de Solidariedade, carreira organizada polas profes de DACE e Educación Física, dentro do proxecto promovido pola ONG Save the Children, no que participan numerosos centros educativos de toda España. A cantidade recaudada no centro, que a ONG destinará ao seu proxecto humanitario, foi nada menos que de 171 euros!!. Noraboa aos/as participantes!! A aportación de todos/as pode facer moito para axudar a quen realmente o necesita. Neste enlace tedes información sobre os proxectos aos que Save the Children destina os fondos recadados. Aproveitamos aquí para lembrar a importancia de colaborar entre tod@s para que todas as persoas e sociedades teñan dereito a unha vida digna. Grazas ás profes que o organizáchedes...
(Enlace a todas as fotos da carreira solidaria)

Como novidade neste curso 2015/2016, sorteouse unha Cesta de Entroido chea de produtos aportados polos alumnos/as, profesores/es e o centro. A recadación da venda de rifas destinarase á excursión do 2º ciclo en maio. Velaquí a afortunada posuidora do número premiado, noraboa Thais!

Despois celebramos a festa e concurso de disfraces no pabellón, con desfiles individuais e de grupo. Velaquí os premios outorgados polo xurado ao mellor disfraz individual e ao mellor grupo disfrazado. Parabéns!!


Noraboa a todos/as as participantes no concurso!! A festa facémola entre todos/as...

Tralo concurso seguimos coa festa, no que desfrutamos bailando... e cantando cun karaoke!

(Aquí tedes o enlace a todas as fotos do Entroido no noso Baronceli)

Certo é que a festa facémola entre tod@s, pero queremos agradecer de xeito especial a organización  deste Entroido á nosa profe de DACE, Lurdes, principal argallante de gran parte das actividades, e a todos/as que colaboráchedes. Grazas e parabéns polo resultado!!!

Unha última nota: lembrarvos que os tres institutos de Verín (Castro de Baronceli, Taboada Chivite e García Barbón) estivemos invitados a participar no concurso fotográfico FOTOENTROIDO 2016. As fotos enviáronse, xunto cun texto non superior aos 140 caracteres, ao correo  concursoentroidoverin@gmail.com (ata o 21 de febreiro) O premio, neste curso, acadouno a foto máis "retwitteada". Podedes ver as fotos participantes e as premiadas neste enlace dentro do blog de normalización do IES Taboada Chivite, que aproveitamos para recomendarvos visitar: http://ofiadeirodalingua.blogspot.com.es



martes, 12 de abril de 2016

PREMIOS FOTO-REFRÁN !!

A partir das votacións realizadas por alumnos/as, profesores/as e persoal non docente, éstas foron as fotografías con refrán premiadas no concurso FOTO-REFRÁN OUTONO 2015. Noraboa aos gañadores/as e a todos/as os/as participantes!!!

Enlace a todas as fotos e refráns participantes.

CATEGORÍA ALUMNOS/AS:
1º Premio - Mª Luz Pascual Gallego (3ºA) "A auga que no outono corre é a que nos saca de pobres"

Accésit - Ánder Vivián Pérez (4ºD) "Por Todos os Santos, neve nos altos; por San Andres, neve nos pés"

Accésit - Sheila Prieto Estévez (1ºB) "A castaña no ourizo eu ben sei o que fai: cando está verde, madura; cando está madura, cae"
 

Accésit - Naira Rodríguez Corcuera (4ºA) "Outono quente trae o demo no ventre"

CATEGORÍA PROFESORES/AS E PERSOAL NON DOCENTE:
1º Premio - Pablo Fernández (prof. Música) "Néboas rubias e sol posto, tempo composto"

Accésit - Pepa González (Conserxería) "Viño de cepa torta, aínda ben non te bebo, non vexo a porta" (orixe: Castrelo do Val)

Accésit - Rosa Soutelo (Coidadora) "Castañas, noces e viño son as delicias do San Martiño"

Accésit - Pepa González (Conserxería) "Choupín, choupiñeiro, dime onde está o teu compañeiro" (orixe: Valdeorras) / "Cogordón, toupeiro: onde está o teu compañeiro?" (orixe: Monterrei)