domingo, 31 de xaneiro de 2016

CHARLAS CONTRA A VIOLENCIA

Por iniciativa propia, os nosos alumnos de 4º  Ánder Vivián Pérez e Bruno Prado Pérez prepararon e impartiron unha serie de charlas e posterior coloquio a todos e cada un dos cursos do noso instituto, centradas no tema da violencia de xénero e incluíndo tamén otros tipos de violencia (como o acoso escolar). Dende todo o centro non podemos máis que dar os parabéns a esta actividade que, estamos convencidos/as, resultou e resultará enormemente proveitosa para reflexionar e facer reflexionar sobre o problema e o papel de cada un/unha de nós no camiño da súa solución. Varios xornais fixeronse eco desta iniciativa de Bruno e Ánder, e dende este blog queremos asimesmo difundila. Parabéns rapaces!!!

CONTRA A VIOLENCIA SEXISTA

Os días próximos ao 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, axudaron a reflexionar sobre as causas e as terribles consecuencias dun problema que entre todos debemos atallar. Algúns alumnos/as do Baronceli escribíchedes carteis co voso "tuit" contra a violencia.
Quixemos facer eco, dende o centro, do concurso de "tuits" que o concello de Lalín organiza, a nivel de toda Galicia e para todas as idades, contra a violencia de xénero, convocatoria que aplaudimos e á que algúns membros do noso centro vos sumáchedes participando.

Enlace a algúns dos "TUITS" expostos
(participantes no concurso #lalinsenviolencia)






MAGOSTO 2015

O 9 de novembro celebramos no Castro de Baronceli unha das nosas tradicións importantes: o magosto!!!

En días anteriores, expuxemos no centro os murais con banda deseñada adicados ao magosto e o outono, realizados polos alumnos/as do 1º ciclo nas clases de  Lingua e Literatura Galega. Noraboa polo traballo!


Enlace aos MURAIS (todos)

A tarde dese luns adicámola a desfrutar un bo rato co lume -grazas aos voluntariosos asadores ;) - as castañas, a nosa música tradicional, varias competicións deportivas e xogos... manteñamos as nosas festas!!

  
Enlace a todas as fotos do MAGOSTO