luns, 12 de febreiro de 2018

I CONCURSO FOTOGRÁFICO "PEDRO ARMESTRE"

Fai un par de meses desfrutamos da inesquecible visita de Pedro Armestre ao noso Baronceli, aprazada dende maio do anterior 2017 cando inaguramos unha aula co seu nome no noso centro.

Neste mes de febreiro convocamos o I Concurso Fotográfico "Pedro Armestre", arredor do tema do cambio climático. Queremos que sexa unha homenaxe a Pedro, que xa é parte do noso Baronceli. Queremos tamén que sexa unha boa ocasión para reflexionar sobre un tema que nos implica a todos, individual e colectivamente, e para exercitar a creatividade e a imaxinación. Pensade un bo título que relacione as vosas fotografías cas causas ou consecuencias do cambio climático...


Paralelamente ao concurso fotográfico no centro (con exposición e premios propios), podedes enviar as vosas fotografías ao concurso fotográfico do Galiciencia 2018 (premede neste enlace), que fixemos coincidir co noso concurso do centro nas súas bases e datas.

Tedes ata o 28 de febreiro, anmádevos a participar!!!


FOTONTROIDO 2018

Un ano máis convocouse o concurso fotográfico do Entroido "Fotontroido 2018", no que participamos os tres institutos de Verín (IES Xesús Taboada Chivite, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli). Tedes ata o 19 de febreiro para enviar as vosas fotografías entroideiras...

Desfrutade do Entroido e animádevos a participar!!!


DÍA DA PAZ NO BARONCELI: A ÁRBORE DOS DESEXOS


O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Mundial da Paz cunha fermosa actividade no noso Baronceli, iniciativa de Marta a nosa profe de Educación Plástica.

Parabéns a tod@s por aportar os vosos desexos individuais e colectivos de paz nesa simbólica e bela árbore.

Mirade o enlace completo na conta de Facebook do noso instituto (premer na foto):