sábado, 7 de novembro de 2015

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: videoconferencia de XURXO MARIÑO

O mércores 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego, e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística organizou unha videoconferencia a cargo de Xurxo Mariño, biólogo, investigador especialista en neurofisioloxía, profesor da Facultade de Mediciña na UDC, e excelente comunicador e divulgador científico como escritor e conferenciante.



Os alumnos/as de 3º e 4º ESO do noso IES participaron, xunto con máis de 6500 alumnos/as de 104 centros de toda Galicia, na videoconferencia de Xurxo Mariño.

A través da plataforma "Twitter" (#cienciaengalego) Xurxo Maríño recibiu e respostou a numerosísimas preguntas realizadas polos participantes . Entre elas respostou a varias realizadas dende o noso IES Castro de Baronceli. Grazas Xurxo pola túa conferencia e as respostas!! E parabéns á Coordinadora Galega de ENDL pola actividade!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario