martes, 13 de setembro de 2016

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

O luns 23 de maio celebramos no Castro de Baronceli a IX Romaría das Letras Galegas, conmemorando e festaxando as nosas letras que neste ano 2016 adícanse ao poeta Manuel María.
(máis fotos dos murais sobre Manuel María)

No centro facemos a nosa propia adicatoria a un persoeiro relevante vencellado á comarca, e neste ano 2016 inaguramos unha aula adicada ao arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, natural de Lucenza (Cualedro). Velaquí un breve resumo ilustrado da súa biografía e inxente labor investigador.
Trala inaguración da aula, tivemos o privilexio de escoitar unha breve conferencia impartida por él.  Non podemos máis que agradecer unha vez máis a súa presenza entre nós neste día tan destacado, as súas verbas e tamén todos os libros con que agasallou á Biblioteca do noso centro. GRAZAS
 
 
 (enlace con máis fotos da inaguración da aula e a charla de Antonio R. Colmenero)

Trala charla, tivo lugar o gran FESTIVAL con actuacións musicais, poesía, teatro... Queremos agredecer dun xeito especial a implicación dos departamentos de Música e de Lingua Galega, principais impulsores das actuacións. Nesta Romaría das Letras do 2016 contamos ademais cuns convidad@s moi especiais: un grupo de alumn@s do centro escolar Nadir Afonso, de Chaves, cos que xa celebramos o curso pasado unha xornada de xogos tradicionais no seu centro. Non só asistiron a todas as actividades da Romaría, senon que tamén nos deleitaron con tres actuacións musicais! Foi todo un pracer compartir con vós esta xornada festiva, e continuaremos a vernos en vindeiros cursos!!
(enlace con todas as fotos do festival)

Despois do festival, como é tradición na nosa Romaría das Letras, compartimos un xantar popular nos exteriores cubertos do centro. Da gusto contar ca compaña de alumn@s que estudáchedes anos atrás no noso centro e que nos visitades nunha data tan sinalada... seguídeo facendo que este segue a ser tamén o voso centro! Na sobremesa decidiuse tamén cal sería a sobremesa gañadora do tradicional concurso da larpeiradas: parabéns para Sophia Alonso de 1ºA!
 
 

E, despois de xantar xuntos... música!! O noso agradecemento de novo aos compoñentes da agrupación de música tradicional "Chimpa na Palla" que unha vez máis deleitáronnos co seu bo tocar e cantar.
 
(enlace a máis fotos do xantar compartido e a sobremesa musical...)

Rematamos a Romaría cun tempo adicado aos xogos populares: a ra, a chave, os zancos, carreiras de sacos, tiro de corda, a mariola... un bo xeito de despedir a xornada, xogando e rindo xuntos!
 
(enlace a máis fotos dos xogos populares)

Ningún comentario:

Publicar un comentario