sábado, 27 de maio de 2017

INAGURACIÓN DA AULA "PEDRO ARMESTRE" na X Romaría das Letras Galegas

No instituto Castro de Baronceli continuamos coa tradición -iniciada hai xa dez anos- de celebrar a Romaría das Letras Galegas nunha data próxima ao 17 de maio. Un dos eventos incluídos na Romaría é a inaguración no centro dun aula co nome dun persoeiro vencellado á comarca. O obxectivo desta adicación é poñer en valor a vida e obra de persoas que, partindo dos mesmos lugares de prodecendencia que os nosos alumnos/as, acadaron ou están a acadar uns logros destacables no seu ámbito profesional, e cremos poden servir de modelo de inspiración para eles. Coñecendo e admirando a súa traxectoria, aspiramos a alentalos/as a confiar nos seus soños e aspiracións, e a poñerse mans á obra para facelos realidade.


Neste ano 2017, a figura escollida para a adicatoria da aula non poder resultar máis inspiradora. Pedro Armestre, natural de A Rasela (Verín), non só ten acadado múltiples logros e recoñecementos  como fotoperiodista, senón que dende a súa actividade profesional -e posición relevante en medios nacionais e internacionais así como nas redes sociais- contribúe a facer visible moitos dos problemas sociais e medioambientais do noso mundo actual, especializándose naqueles que en moitas ocasións a maioría de medios de comunicación minimizan cando non directamente silencian. Invitamos a ver esta breve presentación  que vimos momentos antes de inagurar a súa aula na X Romaría das Letras; nela intentamos expoñer (sen extendernos moito, o cal non é doado dada a súa traxectoria) algúns trazos da súa biografía, obra e causas nas que colabora. A presentación enlaza con dous vídeos: o primeiro, abraiante, deu a volta ao mundo en cuestión de horas... Pedro tomaba imaxes a varios metros do pianista Einaudi, en pleno glaciar; o segundo vídeo é un regalo que nos fixo Pedro...desfrutádeos (recomendamos descargar primeiro a presentación para vela completa, con música e enlaces)

Como mostra da súa implicación nos temas sociais e mediambientais, recomendamos encarecidamente visitar a seguinte páxina web, encabezada por esta frase: "O periodismo só poder ser fiel á verdade e á información, sen esquecer dar voz a quen non a ten" (Pedro Armestre & Susana Hidalgo):

A súa aportación humana e profesional non só se reduce a visibilizar problemáticas sociais e ambientais -imprescindible labor- senón que tamén se implica traballando nas súas solucións, como por exemplo creando plataformas de colaboración persoais e colectivas con múltiples organizacións coas que traballa: Save the Children, Greenpeace, Acción contra el Hambre, Alianza por la Solidaridad...e outras. Na seguinte web, a "galería solidaria" de Pedro Armestre, a venda de Copias Numeradas e Series Limitadas inclúe a doazón de parte dos seus beneficios ás asociacións ou ONG coas que traballa. "Cando observes a túa adquisición, saberás que hai un grifo máis en Centroamérica, unha canalización, axuda para os que protexen os bosques primarios... A túa contribución é importante", destaca Pedro:

Entregarse aos proxectos nos que traballa, obriga a Pedro Armestre a realizar múltiples viaxes a destinos do máis variado e distante, e a asumir non poucos riscos derivados da súa implicación e coherencia. Pensando na importancia do que nos quere trasmitir, Pedro escribiunos unhas palabras para a inaguración da súa aula na X Romaría das Letras, palabras escollidas que imprimimos e expuxemos no centro:

Como "perla" que nos anticipa a súa visita ao noso centro no vindeiro outubro, Pedro enviounos este vídeo grabado dende a illa pacífica de Vanuatu, onde estivo en maio documentando os graves efectos do cambio climático (e onde os sorprendeu de cheo o ciclón Donna).
video

No instituto Castro de Baronceli non podemos máis que sentir verdadeiro orgullo por posuír unha aula adicada a quen transmite cas súas imaxes, palabras e feitos que un mundo mellor é posible, e que todos podemos e debemos cooperar xuntos para conseguilo. Percibimos, tamén, a responsabilidade e o valor de ser transmisores das causas ás que Pedro Armestre se adica. Gracias, Pedro, pola túa obra, e conta con nós para divulgala entre as xeracións que posúen o futuro

Ningún comentario:

Publicar un comentario